Alexander Graham Bell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alexander Graham Bell, nado en Edimburgo o 3 de marzo de 1847 e finado en Baddeck, Canadá, o 2 de agosto de 1922, foi un científico e inventor escocés. Está considerado, non sen polémica, o primeiro inventor do teléfono.[1] Bell foi tamén responsable de avances importantes na tecnoloxía da aviación.
Remove ads
Traxectoria
Profesor na Universidade de Bostón,[2] e coa axuda do seu colaborador Thomas Watson, e o patrocinio dos pais de George Sanders e Mabel Hubbard (con quen casaría o 11 de xullo de 1877), inventou o teléfono, un aparello para transmitir o son a longas distancias, grazas á transformación do son en impulsos eléctricos, patentado o 7 de marzo de 1876.[2]
En 1880, Bell recibiu o premio Volta da Academia Francesa de Ciencias. Investiu o diñeiro obtido con este premio (50 mil francos) no desenvolvemento dun novo proxecto, o fotófono, en colaboración con Charles Sumner Tainter. O invento intentaba transmitir o son utilizando un raio de luz, un precursor da fibra óptica. Tamén traballou nun dos primeiros sistemas de gravación de sons coñecido, baseado en imprimir un campo magnético para reproducir sons. A idea foi abandonada ao non poderse construír un prototipo; con todo, os principios básicos atoparían aplicacións prácticas case un século máis tarde, nas cintas magnéticas e as computadoras.
En 1882, Bell obtivo a cidadanía dos Estados Unidos por naturalización. Foi fundador, en 1888, da National Geographic Society, da que foi o seu segundo presidente.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
