enciclopedia From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada | |
---|---|
Deseño da cuberta. Texto dourado sobre fondo vermello. | |
Autor/a | Varios.[lower-alpha 1] |
Ilustrador/a | Virxilio Fernández e outros. |
Orixe | Galicia. |
Lingua | En papel: galego ou castelán, En DVD: en galego. |
Tema(s) | Temática galega. |
Xénero(s) | Consulta (enciclopedia). |
Editorial |
|
Data de pub. | Dende 1974. |
Formato | En papel ou en DVD. |
ISBN | |
Editor | Silverio Cañada Acebal |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano 1974. Dirixida por Ramón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamente Perfecto Conde Muruais, Arturo Reguera López e Xosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación de Xesús Alonso Montero.[lower-alpha 1][3]
Unha obra senlleira, de información fina e sotil, de síntese vital, reflexo total e perciso da realidade de Galicia no seu ser histórico e social
Trinta anos despois publicáronse en galego por dous grupos editoriais distintos,[4] Editorial Novos Vieiros da Coruña (66 tomos)[5] e o Grupo El Progreso de Lugo (44 tomos).[6]
Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, Xosé García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.
Hai un gran traballo de recollida de datos, de pescudas, de contrastar en fontes diferentes, de facer que todo o que deste país poida ser interesante quede reflectido nesta magna obra para que sexa realmente unha ferramenta útil de traballo e para deixar fixada enciclopedicamente o que Galicia é nos albores dun novo milenio.Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso.
A versión en DVD, en galego, é do ano 2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas[7] (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315[8] concellos de Galicia).
Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:
Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.
No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 €.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.