Gran Premio de Bélxica de 1956

artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio de Bélxica de 1956
Remove ads

O Gran Premio de Bélxica de 1956 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1956 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1956.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Remove ads

Informe

Logo da primeira xornada de adestramentos do xoves, Fangio estaba na pole cun tempo de case 5 segundos máis rápido que Moss no segundo lugar. Estes tempos non se melloraron coas condicións de mollado do venres e as condicións de vento do sábado.

Estaba chovendo cando a carreira comezou, Fangio fixo unha mala saída e quedou no quinto lugar e Moss na cabeza. Pero na volta 3 Fangio xa estaba en segundo lugar, logo de pasar a Behra, Collins e a Castellotti. Na quinta volta xa ía líder e na volta 10 xa tiña unha vantaxe de 8 segundos sobre Moss, con Collins terceiro, nunha pista xa seca. Collins acadou o segundo lugar, cando Moss perdeu unha das rodas traseiras, no ascenso despois da ponte de Eau Rouge. Foi capaz de frear con seguridade e correr de volta a boxes e facerse cargo do coche de Perdisa. Retomou en sexto lugar, pero a unha volta dos líderes. Collins tomou o liderado definitivo cando Fangio perdeu a súa transmisión na volta 24. Unha dura batalla polo segundo posto entre Behra e Frere terminou cando o motor Behra comezou a fallar. Isto permitíulle a Moss acadar á terceira posición, despois de pasar a Schell anteriormente. Moss terminou a carreira cun ritmo vertixinoso, pero os dous líderes estaban demasiado lonxe para compensar a diferenza.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só as cinco primeiras posicións están na lista.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads