Gran Premio de Suráfrica de 1976
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1976, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 6 de marzo de 1976. Foi a segunda rolda da tempada de Fórmula Un de 1976. Foi o 22º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda nun Ferrari 312T. A vitoria foi a terceira vitoria seguida de Lauda. Terminou 1´3 segundos por diante do seu gran rival esa tempada o británico James Hunt no McLaren M23. O compañeiro de equipo de Hunt en McLaren, o alemán federal Jochen Mass terminou terceiro.
Hunt logrou a pole position por segunda vez en dúas carreiras, con Lauda xusto ao seu carón. Lauda liderou na primeira curva, con Hunt cuarto detrás de Mass e do piloto italiano Vittorio Brambilla no seu March 761. Hunt adiantou a Mass, e pasou a Brambilla para poñerse segundo logo de cinco voltas. Lauda liderou de principio a fin para gañar. Detrás de Hunt e Mass, o piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi cuarto no seu Tyrrell 007. A unha volta, no quinto posto quedou o piloto británico John Watson co Penske PC3 e Mario Andretti sexto co Parnelli VPJ4B.
Con dúas vitorias na tempada 1976 Lauda sacaba doce puntos de vantaxe no campionato sobre Hunt e o Tyrrell de Patrick Depailler. Así mesmo Ferrari sacaba nove puntos de vantaxe sobre Tyrrell e once puntos de vantaxe sobre McLaren.
Remove ads
Clasificación
Remove ads
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1975 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1977 |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads