Guinea

país da África occidental From Wikipedia, the free encyclopedia

Guineamap
Remove ads

Guinea,[1] oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

Historia

En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes da área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Remove ads

Xeografía

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

  • a zona costeira, a Baixa Guinea (ou Guinea marítima);
  • a zona montañosa, a Guinea Central, na que se comprende o macizo do Fouta Djalon, que acada unha altura media de 900 metros, e que se estende por algúns países veciños;
  • a zona de sabana no Norte, ou Alta Guinea;
  • a zona boscosa do sueste, ou Guinea Forestal, dominada polas chuvias.

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía

Thumb
Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen en Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Remove ads

Economía

Artigo principal: Economía de Guinea.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads