Eón hadeico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eón hadeico
Remove ads

O eón hadeico (tamén chamado hádico ou hadeano) é a primeira división do Precámbrico. Comeza no intre no que se formou a Terra hai uns 4.570 millóns de anos e remata fai 3.800 millóns de anos durando 770 millóns de anos, cando comeza o eón arcaico. A Comisión Internacional sobre Estratigrafía considérao un termo informal e non fixou nin recoñeceu estes límites.[2][3] Etimoloxicamente, a palabra Hadeico provén da palabra grega Hades que denominaba ao inframundo grego, probablemente porque se lle relaciona cunha etapa de calor e confusión.

Máis información Supereón, M. anos ...

Durante este período, probablemente o Sistema Solar estaba a formarse dentro dunha gran nube de gas e po. A Terra formouse cando parte desta materia transformouse nun corpo sólido. Este é o período durante o cal se formou a codia terrestre. Esta codia sufriu moitos cambios, debido ás numerosas erupcións volcánicas.

As rochas máis antigas que se coñecen teñen unha antigüidade de aproximadamente 4.400 millóns de anos e atópanse no Canadá e Australia, mentres que as formacións rochosas máis antigas son as de 3.800 millóns de anos de Groenlandia.

Durante este eón produciuse o bombardeo intenso tardío que afectou os planetas interiores do Sistema Solar, fai 3.800-4.000 millóns de anos.

Thumb
Rochas fundidas
Remove ads

Rochas hadeicas

Thumb
Un circón visto ao microscopio óptico

Nas últimas décadas do século XX os xeólogos identificaron algunhas rochas hadeicas en Groenlandia Occidental, o noroeste do Canadá e Australia Occidental.

Os minerais máis antigos coñecidos son os cristais individuais de circón redepositados nos sedimentos do oeste do Canadá e a rexión Jack Hills de Australia Occidental. Os circóns máis antigos datados teñen 4.400 millóns de anos,[4] moi preto da data estimada de formación da Terra.

A formación rochosa máis antiga coñecida, o cinto supracortical de Isua, está integrado polos sedimentos de Groenlandia datados en ao redor de 3.800 millóns de anos, algo alterados por diques volcánicos que penetraron nas rochas despois de ser depositadas.

Os sedimentos de Groenlandia inclúen formacións de ferro bandeado. Posiblemente conteñen carbono orgánico, o que indicaría que as primeiras moléculas auto-replicantes (hipótese do mundo de ARN) datan desta época e unha pequena probabilidade de que xa xurdise a fotosíntese. Os fósiles máis antigos coñecidos (de Australia) datan duns poucos centos de millóns de anos máis tarde.

Thumb
Hipótese do grande impacto

Entre o material co que se formou a terra debeu haber unha determinada cantidade de auga.[5] As moléculas de auga estivéronse escapando da gravidade terrestre ata que o planeta acadou un radio de aproximadamente o 40% do seu tamaño actual; despois dese punto, a auga (e outras substancias volátiles) conserváronse.[6] É esperable que o hidróxeno e o helio escapen continuamente da atmosfera, pero a falta de gases nobres densos na atmosfera moderna suxire que algo catastrófico aconteceu na atmosfera temperá.

Thumb
A Terra desde o espazo

Hipotízase que unha parte do material do novo planeta foi achegado polo impacto que creou a Lúa. A composición actual do a Terra non coincide coa que tería cunha fusión completa, e por outra banda, é difícil de fundir e mesturar completamente enormes masas de roca.[7] Con todo, unha importante fracción de material debeu ser vaporizado neste impacto, creando unha atmosfera de rochas vaporizadas ao redor do novo planeta.

A condensación das rocas vaporizadas tomaría dous mil anos, deixando unha pesada atmosfera de dióxido de carbono con hidróxeno e vapor de auga. Formaríanse océanos de auga líquida a pesar dunha temperatura na superficie de 230 °C, debido á forte presión atmosférica do CO2. Como o arrefriado continuou, a subducción e disolución na auga do océano suprimiu a maior parte do CO2 da atmosfera, pero os niveis oscilaron fortemente cando apareceron os ciclos de superficie e manto.[8]

O estudo de circóns revelou que a auga líquida debe existir xa fai 4.400 millóns de anos, moi pouco despois da formación da Terra.[9][10][11][12][13][14] Isto require a presenza dunha atmosfera.

Remove ads

Subdivisións

Dado que poucos rastros xeolóxicos deste período sobreviviron sobre a Terra, a Comisión Internacional de Estratigrafía[2] non recoñeceu ningunha subdivisión Hadeica. Con todo, distínguense varias divisións principais do Eón Hadeico na escala de tempo xeolóxico lúar, que se empregan ás veces de forma non oficial para referirse aos mesmos períodos na Terra.[15]

Máis información Era, M. anos ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads