Hälsingland
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hälsingland é unha provincia histórica de Suecia (landskap) no sur da rexión de Norrland. Limita ao sur con Gästrikland, ao oeste con Dalarna e Härjedalen, ao norte con Medelpad e ao leste co golfo de Botnia.
Hälsingland atópase ao norte do limes norrlandicus (a fronteira biolóxica de Norrland) pero principalmente ao sur da fronteira do terreo montañoso de Norrland. En Hälsingland fálase o hälsingemål, e considérase que a provincia está dividida pola fronteira dialectal entre o norrländska mål e o sveamål.[1][2]
Remove ads
Nome
A primeira mención de hälsingar pode que sexa no poema inglés Widsith do século IX, que fala sobre un pobo chamado Hælsings e que foi gobernado por un rei mitolóxico chamado Wada. O nome de Hälsingland aparece por vez primeira de mans de Adán de Bremen a finais do século XI como Halsingland, en relación coa frota do ledungen. A provincia tamén é nomeada no Florenslistan, orixinalmente de 1103, coa súa forma latina "Helsingia".[3]
Hälsingland significa "terra dos hälsingars”. Hälsing interpretouse como unha combinación da palabra hals e o sufixo inge, 'habitante'. No se sabe exactamente o que significa hals, pero non ten nada que ver co pescozo (hals en sueco significa pescozo). As interpretacións propostas refírense a unha sección estreita de auga (comparando con Helsingborg-Helsingör), é dicir, un curso de auga estreito, ou unha porción estreita de terra.[4] Propuxéronse varios cursos de auga como orixe do nome, como por exemplo tres baías que penetraban na provincia na antigüidade, as de Alir, Sundhed e Nordanstig. Porén, a opinión máis común é que o "hals" ao que se refire é o golfo de Botnia e que a poboación que vivía ao longo das súas costas eran os "hälsingar".[4][5]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads