Riosar

planeta extrasolar From Wikipedia, the free encyclopedia

Riosar
Remove ads

Riosar,[1] anteriormente identificado como HD 149143 b, é un planeta extrasolar que ten unha masa mínima de 1,33 masas de Xúpiter. Como é común en moitos Xúpiter quentes, a súa excentricidade orbital é baixa.[2][3] Orbita arredor da estrela Rosalíadecastro.

Este artigo trata sobre o exoplaneta que orbita arredor da estrela Rosalíadecastro. Para o río galego, ver Río Sar.
Thumb
Impresión artística do planeta Riosar orbitando Rosalíadecastro.

Foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler.[4]

O planeta foi bautizado como "Riosar" (en referencia ao río Sar) como parte do proxecto internacional NameExoWorlds, impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). O planeta e a súa estrela foron asignados a España para a escolla do nome.[5][6] O nome río Sar foi proposto pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO e foi elixido a través dunha votación en liña, conseguindo 13 413 votos en todo o estado, ou máis dun 39% do total.[7] A súa estrela, HD 149143, foi bautizada como "Rosalíadecastro" (en referencia a Rosalía de Castro).[7]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads