Organización do Xenoma Humano

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Organización do Xenoma Humano ou HUGO (siglas do seu nome en inglés Human Genome Organisation) é unha organización implicada no Proxecto Xenoma Humano, un proxecto dedicado ao mapado do xenoma humano. HUGO creouse en 1989 como unha organización internacional, principalmente para fomentar a colaboración entre científicos de todo o mundo que estudaban o xenoma. O Comité de Nomenclatura de Xenes de HUGO (HUGO Gene Nomenclature Committee), abreviado como HGNC (aínda que ás veces se lle chama tamén "HUGO") é un dos comités de HUGO máis activos e o seu obxectivo é asignar un único nome e símbolo a cada un dos xenes humanos.

Datos rápidos Instancia de, Data ...
Remove ads

Historia

HUGO creouse en abril de 1988 na primeira convención dedicada ao mapado do xenoma celebrada en Cold Spring Harbor. A idea de fundar esta organización procedeu do biólogo surafricano Sydney Brenner, que é coñecido polas súas importantes contribucións aos traballos sobre o código xenético e outras áreas da bioloxía molecular, e gañador do Premio Nobel de Medicina de 2002. Nesa xuntanza elixiuse un Consello Fundador formado por 42 científicos de 17 países. HUGO ten a súa sede en Xenebra, Suíza. Posteriormente elixíronse outros 178 membros máis, ata facer un total de 220.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads