Hadrián de Nicomedia

mártir cristián From Wikipedia, the free encyclopedia

Hadrián de Nicomedia
Remove ads

Hadrián de Nicomedia[1] ou santo Hadrián[1], coas variantes Adrián[1], Hadriano[1], Adriano[1], Adrao[1] e Adrán[1], foi un garda pretoriano do emperador Galerio Maximiano, convertido ao cristianismo foi martirizado en Nicomedia o 4 de marzo de 303. Segundo a tradición, mentres presidía a tortura dun grupo de cristiáns preguntoulles que agardaban recibir do seu Deus, eles replicaron: o que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso prepara Deus para os que o aman (Corintios I 2:9). É o patrón dos soldados.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Natalia e Adrián.

Impresionado pola forza na que se mantiñan na fe diante os tormentos, converteuse e fíxose bautizar, os seus compañeiros prendérono e levárono á cadea, onde foi torturado; a súa muller, Natalia de Nicomedia, que xa era cristiá sen el o saber, disfrazouse de home para se introducir na prisión e poder soster nos seus brazos ao seu home, antes de morrer decapitado.

San Hadrián é barqueiro,
barqueiro é san Hadrianhe.
San Hadrián é barqueiro
que leva o remo na manhe
Remove ads

Festa

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads