Henry Jenner

From Wikipedia, the free encyclopedia

Henry Jenner
Remove ads

Henry Jenner, nado en St Columb Major o 8 de agosto de 1848 e finado o 8 de maio de 1934 foi un investigador das linguas celtas, escritor e activista cultural córnico. Foi o impulsor do rexurdimento da lingua córnica.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Henry Lascelles Jenner, sacerdote anglicano que máis tarde acadaría a dignidade de bispo e neto do xuíz Herbert Jenner-Fust.[1] En 1869 Jenner logrou un posto como empregado da división de sucesións do Tribunal Superior e dous anos despois empezou a traballar no departamento de manuscritos antigos do Museo Británico.

Lingua córnica

Thumb
Placa en St Columb Major, na antiga sancristía, onde traballaba seu pai

Interesado nas linguas célticas, leu varias disertacións na Sociedade Filolóxica de Londres sobre o córnico entre 1873 e 1876 e tamén sobre outras linguas celtas, en especial o manx. En 1877 descubriu, mentres traballaba no Museo Británico, corenta e dúas liñas dunha obra medieval escrita en córnico arredor do ano 1450, coñecida como Keynskrif an Chartour ou The Charter Fragment.

En 1901 fundou con L. C. R. Duncombe-Jewell a primeira sociedade da lingua córnica "Cowethas Kelto-Kernuak". En 1904 publicou A Handbook of the Cornish Language, obra considerada o inicio do rexurdimento córnico. A súa versión de córnico baseábase na fala do oeste de Cornualla no século XVIII non obstante o seu discípulo Robert Morton Nance orientaríaa máis tarde cara ao córnico medieval. Na edición de 2010, Michael Everson publicou unha nova edición con tres ensaios publicados anos antes e varias tarxetas de Nadal e ano novo con versos en córnico e inglés.[2]

De ideas políticas conservadoras e xacobitas, foi chanceler da Order of the White Rose, formada por simpatizantes dos Stuart e tamén apoiou o xornal The Royalist, que se publicou entre 1890 e 1905.[3]

Thumb
Placa conmemorativa na casa dos Jenners en Hayle

Despois de traballar no Museo Británico durante máis de corenta anos en 1909 Jenner e a súa dona Kitty[4] establecéronse en Hayle, a cidade natal da súa esposa, e en xaneiro de 1912 converteuse en bibliotecario da Morrab Library, un posto que ocupou ata 1927. Tamén actuou como presidente da Royal Cornwall Polytechnic Society e da Royal Institution of Cornwall.[5] e foi Gran Bardo da Gorsedh Kernow de 1928 a 1934 utilizando o nome bárdico de Gwas Myha. Contribuíu a Catholic Encyclopedia con artigos sobre ritos litúrxicos católicos.[6]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads