Hinode
Observatorio solar espacial xaponés con colaboración internacional. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hinode, previamente coñecido como SOLAR B, é un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS (agora reconvertida na JAXA) lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o Hitsat.[2][5][6]
Remove ads
Características
Hinode é un observatorio espacial xaponés con colaboración internacional e sucesora da misión Yohkoh (SOLAR A). A misión do observatorio é realizar estudos do Sol no rango óptico, ultravioleta e de raios X co obxectivo de desvelar os mecanismos da interacción entre o campo magnético solar e a súa atmosfera ionizada a alta temperatura para facilitar a comprensión da variabilidades solar.[2][5]
Hinode ten resolución de abondo para medir o vector do campo magnético a escalas dos tubos de fluxo solares, podendo relacionar os cambios de estado magnético cos sucesos coronais e as erupcións solares.[2][5]
Hinode foi inxectado nunha órbita inicial heliosincrónica de 686 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 105 minutos.[1][3][6]
Remove ads
Experimentos

- Telescopio de raios X: pode observar a coroa (con temperaturas de 500.000 a 10 millóns de Kelvin) cunha resolución de 1 segundo de arco.
- Cámara espectrómetro do ultravioleta extremo: mide a velocidade e outros parámetros do plasma da coroa e da rexión de transición para correlacionar o comportamento dinámico da coroa (medido polo telescopio de raios X) co campo magnético fotosférico (medido polo telescopio óptico).
- Telescopio óptico: mide o campo magnético fotosférico.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads