Hipódromo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O hipódromo[1] (do grego ιππος ,hippos= "cabalo", e δρομος, dromos = "estrada") é un recinto pechado destinado ás carreiras de cabalos.


Características
Adoitan ser bastante maiores en tamaño que un campo de fútbol. O interior ten, no perímetro, chanzos a modo de asento para os espectadores. O centro está formado de terra ou herba e dispón nel dun óvalo bordeando os chanzos que forman a pista. Na pista dispútanse carreiras de cabalos.
Normalmente, as pistas de terra son para carreiras de trotadores, mentres que as de herba son para carreiras de cabalos pura raza. No recinto, a xente que entra a ver as carreiras ten a posibilidade de facer apostas.
En Galicia existe o hipódromo de Antela (dentro do Centro Ecuestre de Antela), o hipódromo de Campañó e o curro da Enxa.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads