Hiragana
silabario da lingua xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).
Utilízase para:
- Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん.
- Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal.
- Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
- Dar a pronuncia do kanji para lectores que non a coñecen (neste uso, o hiragana denomínase furigana 振り仮名).
Cada hiragana representa unha sílaba (tecnicamente, unha mora). A presenza do hiragana entre caracteres chineses normalmente identifica un texto como xaponés.
Remove ads
Romanización Hepburn do Hiragana
A pronunciación de Hepburn en inglés soaba, para os xaponeses, como Hebon. Entón chámase Rōmaji de tipo Hebon. Hai outro tipo de rōmaji. Chámase Rōmaji de tipo Kunrei. Actualmente o tipo Hebon é máis común, aínda que algunha xente utiliza o tipo Kunrei.
De ter unha fonte con caracteres xaponeses, podes ver a seguinte táboa de hiragana xunto coa súa romanización Hepburn. Os kana non empregados hoxe en día amósanse en vermello.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads