Anduriña común

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anduriña común
Remove ads

A anduriña común,[1] comunmente andoriña ou anduriña[2] (Hirundo rustica) é unha pequena ave insectívora migratoria que se atopa en África, Europa, Asia e América. As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara ao norte, chegando mesmo ata o círculo polar ártico, mentres pasan o inverno en África.

Catro aves escollidas
son as que pasan o mar;
o cuco e maila anduriña,
a rula e o paspallás.

Popular[3]
Datos rápidos Características, Conservación ...
Thumb
Hirundo rustica

A plumaxe da andoriña é negra azulada no dorso e branca no peito. O peteiro é curto, a cola acuminada e dividida en dúas gallas, as ás fortes e longas e as patas curtas. Miden arredor de 19 cm e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os voos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semiabertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire.

Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.

Thumb
Niños de anduriña no lousado dunha palleira.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads