Hitachi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Hitachi
Remove ads

Hitachi, Ltd. (株式会社日立製作所, Kabushiki-gaisha Hitachi Seisakusho?) é unha empresa xaponesa especializada en enxeñaría, electrónica e industria mecánica.

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Remove ads

Historia

Thumb
Antigo logo de Hitachi.

Hitachi foi fundada en 1910 polo enxeñeiro eléctrico Namihei Odaira. O seu primeiro produto foi un motor eléctrico de indución de cinco cabalos, inicialmente desenvolvido para o uso na minería do cobre. A empresa de Odaira converteuse pronto en líder nacional en motores eléctricos e na industria das infraestruturas de enerxía eléctrica.

Odaira trasladou a sede a Tokyo en 1918. O nome da compañía está baseado na toponimia coa superposición de dúas caracteres kanji: hi que significa "sol" e tachi que significa "lugar". A compañía amosaba as súas aspiracións nacionais transmitindo coa súa marca que simboliza o Xapón imperial e a bandeira do sol nacente.

Hitachi America, Ltd. foi fundada en 1959. Hitachi Europe, Ltd. foi fundada en 1982.

En marzo de 2011 Hitachi acordou a venda da súa filial de discos duros, Hitachi Global Storage Technologies, de Western Digital por unha combinación de efectivo e accións por valor de 4.300 millóns de dólares. A venda completouse en marzo de 2012.

Hitachi mantivo conversacións con Mitsubishi Heavy Industries en agosto de 2011 sobre unha posible fusión das dúas compañías, no que sería a maior fusión de dúas empresas xaponesas na historia. As conversas rompéronse e posteriormente foron suspendidas.

En outubro de 2012 Hitachi acordou adquirir a empresa de enerxía nuclear Horizon do Reino Unido, que planea construír ata seis plantas de enerxía nuclear nese país, con E.ON e RWE por 700 millóns de libras.

En novembro de 2012 Hitachi e Mitsubishi Heavy Industries acordaron fusionar os seus negocios de xeración térmica de enerxía nunha empresa conxunta, o 65% para Mitsubishi Heavy Industries e o 35% por Hitachi. A empresa conxunta planea comezar a operar en 2014.

Remove ads

Produtos

Thumb
Maquinaria pesada Hitachi.

Hitachi opera en 11 sectores industriais e comerciais:

  • Sistemas da Información
  • Sistemas de Telecomunicacións
  • Sistemas eléctricos
  • Sistemas comerciais
  • Sistemas industriais
  • Sistemas de automobilismo
  • Dispositivos electrónicos
  • Compoñentes electrónicos
  • Construción (Maquinaria)
  • Servizos financeiros.
  • Loxística

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads