Hoe
prato da gastronomía coreana From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Hoe pode aludir a varios pratos de comida crúa da cociña coreana. O saengseon hoe (생선회) é pescado ou marisco cru cortado finamente (parecido ao saximi xaponés); o yukhoe (육회) é hoe feito con tenreira crúa e condimentado con salsa de soia, aceite de sésamo e viño de arroz; e o gan hoe (간회) é fígado de tenreira cru cunha salsa de aceite de sésamo e sal.
O hoe adoita mollarse nunha salsa picante a base de gochujang chamada chogochujang (초고추장), ssamjang (쌈장), ou salsa de wasabi, e envólvese en leituga e follas de pera coreana. Para darlle ao hoe un aspecto agradable, sérvese normalmente sobre unha masa de dangmyeon (fideos celofán) sen cociñar.
Cando a xente acaba unha comida de saengseon hoe nun restaurante, ás veces piden maeuntang (estufado de peixe picante, feito coas cabezas e a carne sobrante do pescado) con verdura variada.
Remove ads
Galería
- Pintura de principios do século XIX, titulada Gangbyeon hoeeum (강변회음) "Comendo hoe no río"
- Hoe variado
- Muneohoe, hoe de polbo
- Ggulhoe, hoe de ostras en Busán
- Godeungeo hoe, hoe de cabala
- Yukhoe, hoe de tenreira parecido ao filete tártaro.
- Hoe naengmyeon, unha variedade de naengmyeon feita con hoe
- Seongge hoe, hoe de ourizo de mar en Sokcho
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoe |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
