Macizo tectónico

carcterística tectónica From Wikipedia, the free encyclopedia

Macizo tectónico
Remove ads

En xeoloxía e xeografía física un macizo tectónico[1], tamén chamado horst, é un bloque elevado limitado por fallas normais.[2] Un macizo tectónico é un bloque da codia terrestre que foi elevado ou permaneceu estacionario mentres que o terreo que ten a ambos os lados foi afundido (formando unha fosa tectónica ou graben).[3] A palabra horst en alemán significa montón e procede da linguaxe dos mineiros alemáns de Alta Saxonia, que a utilizaban para describir certas elevacións do terreo ou certas fallas.

Thumb
Macizo e fosa tectónica (imaxe do USGS)

Moitas serras galegas actuais son macizos tectónicos que foron elevados como resultado das forzas da oroxenia alpina, que reactivaron as antigas fallas tardihercínicas que actuaron sobre as montañas galegas hercinianas. As montañas hercinianas galegas paleozoicas orixinais eran montañas de dobramento, pero foran moi erosionadas durante todo o Mesozoico e a xeración dos macizos tectónicos reactivou o relevo. En Francia os Vosgos e en Alemaña as montañas da Selva Negra son tamén exemplos de macizos tectónicos.[3]

Remove ads

Xeomorfoloxía

Os macizos tectónicos poden ter seccións transversais simétricas ou asiméticas. Se as fallas normais de ambos os lados teñen unha xeometría similar e movéronse á mesma velocidade, o micizo tectónico probablemente será simétrico e máis ben plano na parte superior. Se as fallas de ambos os lados teñen diferentes velocidades de movemento, a parte superior adoita estr inclinada e todo o perfil será asimétrico. A erosión tamén xoga un importante papel na aparencia máis ou menos simétrica da sección transversal.

Remove ads

Macizos tectónicos e exploración de hidrocarburos

En moitas cuncas de rift de todo o mundo, atópanse xacementos de hidrocarburos en trampas convencionais asociadas a macizos tectónicos. Por exemplo, gran parte do petróleo da cunca de Sirte, Libia (con reservas duns dez millóns de barrís) encóntrase en grandes bloques de macizo tectónico como as plataformas de Zelten e Dahra ou en pequenos macizos tectónicos como as de Gialo High e a cordilleira Bu-Attifel.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads