Houston Dynamo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Houston Dynamo é un club de fútbol profesional de Houston, no estado de Texas. O equipo foi fundado no ano 2005, xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer. Nas súas dúas primeiras tempadas o club gañou dous MLS Cup consecutivas. Debido a súa localización, xogou nas conferencias Leste, Oeste e na Central en tan só nove anos de historia.[1].

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O nome de Dynamo provén do notable número de industrias enerxéticas na cidade de Houston. Entre os xogadores máis destacados que vestiron a elástica laranxa cabe destacar a Brad Davis e a Brian Ching.[2]

Remove ads

Historia

O partido inaugural foi o dous de abril de 2006, fronte o Colorado Rapids, no que o conxunto de Houston venceu por cinco goles a dous, con catro goles de Brian Ching que ó mes foi seleccionado para disputar a Copa Mundial da FIFA 2006 coa selección de fútbol dos Estados Unidos. Na súa primeira tempada o Dynamo chegou a final da MLS Cup vencendo nos penaltis, tras o 1-1 no tempo regulamentario, contra o New England Revolution.[3] A tempada seguinte sumou a súa primeira participación na Liga de Campións da CONCACAF onde alcanzou as semifinais. Ese mesmo ano logrou o seu segundo título da MLS Cup consecutivo, gañando por dous goles a cero fronte ó Kansas City Wizards[4].

No ano 2008 acadou a súa primeira final internacional, a SuperLiga Championship Game, pero perdeuna nos penaltis tras empatar a dous goles fronte o New England Revolution[5]. Nos playoffs da MLS caeron nas semifinais de conferencia, polo que non puideron revalidar o título. Ao ano seguinte ós Orange Crush non conseguiron bater ó Los Angeles Galaxy na final da conferencia Oeste [6]. No ano 2010 o equipo sufriu a marcha do seu presidente, nunha tempada en que o equipo acabou no seu peor posto ata ese momento, a sétima posición, que lles deixaba fora dos playoffs por primeira vez na súa historia [7].

Tras unha mala tempada, o equipo rexurdiu e logrou un posto para a final da MLS Cup pero non conseguiu vencer ó Los Angeles Galaxy perdendo por un axustadísimo un a cero [8]. O ano 2012 foi o primeiro no que o equipo texano exercía a localía no BBVA Compass Stadium, o partido inaugural (Houston Dynamo vs DC United) rematou con vitoria laranxa por un gol a cero, cun auténtico golazo dende fóra da área de Brad Davis. O estadio cambiou pero os resultados foron os mesmos, chegaron á final pero perdérona, de novo, contra Los Angeles Galaxy[9]. Na seguinte tempada seguiu a racha de chegar as roldas finais do playoff, ese ano os texanos foron eliminados na final de conferencia.

Tras unha serie de boas tempadas na MLS, non chegaron nin a clasificarse para os playoffs, quedando na oitava posición na conferencia Leste, o peor resultado da súa historia. O ano seguinte volveu ser unha mala tempada, volveu quedar sétimo pero esta vez na conferencia Oeste.

Remove ads

Xogadores [10][11]

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Títulos [1]

Récords[12]

  • Máis goles nunha tempada: Brian Ching 13 - 2008
  • Máis asistencias nunha tempada: Brad Davis 16 - 2011
  • Máis paradas nunha tempada: Tally Hall 99 - 2011

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads