Humanidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Enténdese por humanidade o conxunto dos seres humanos. Está organizada segundo diversos criterios sociais e diferenciada doutras sociedades animais por características específicas que se atribúen ós humanos como a fala, o coñecemento propio ou a ironía. Ademais, é un concepto filosófico segundo o que os seres humanos tenden a compartir unha serie de características distintivas propias, que inclúen formas de pensar, sentir e actuar.

Dito concepto foi evolucionando ó longo da historia, e incluíndo diversas controversias segundo as épocas.[1][2][3] Dentro da filosofía occidental, as primeiras reflexións sobre o tema apuntan a Sócrates.[4]
Na actualidade a humanidade está recoñecida no seu conxunto como entidade xurídica, e a UNESCO estableceu o concepto de Patrimonio da Humanidade.
Remove ads
Concepto
Con frecuencia considérase que o termo concentra o que é humano, a esencia da humanidade. O termo é controvertido nese sentido: discútese se existe ou non dita esencia.[1][2][3] Os argumentos sobre a natureza humana foron un piar da filosofía durante séculos, mantendo un vivo debate filosófico ate a actualidade. Tamén segue a desempeñar un papel importante na ciencia, con neurocientíficos, psicólogos e científicos sociais chegando a afirmar resultados que subministran idea da natureza humana.[5][6] A natureza humana contrástase tradicionalmente con características que varían entre os humanos, como as asociadas con culturas específicas. Os debates sobre a natureza humana están relacionados, aínda que diferenciados, cos debates sobre a importancia comparativa dos xenes e o medio ambiente no desenvolvemento da persoa ("natureza versus crianza").
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads