Interstellar Boundary Explorer

From Wikipedia, the free encyclopedia

Interstellar Boundary Explorer
Remove ads

Interstellar Boundary Explorer ou IBEX, tamén coñecido como SMEX-10 e Explorer 91, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 19 de outubro de 2008 mediante un foguete Pegasus XL desde Kwajalein.[1][2][4][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

A misión de IBEX é estudar a interacción entre o vento solar e o medio interestelar. Para iso usa dúas cámaras para átomos neutros enerxéticos producidos polo plasma máis aló da fronteira de choque, o límite máis próximo co medio interestelar das aforas do Sistema Solar. Unha das cámaras recolle os átomos máis enerxéticos (de 300 a 6000 eV) mentres que a outra detecta os de menos enerxía (de 10 a 2000 eV). A órbita de IBEX, de 12 260 km x 304 347 km, o leva máis aló da magnetosfera terrestre para poder detectar os átomos neutros.[1][2][4][5]

A nave ten forma octogonal, de 58 cm de alto e 95 cm de lado, cunha masa sen propelente de 80 kg, dos cales 26 kg son instrumentación científica. Con propelente a nave pesa 107 kg. A alimentación eléctrica corre a cargo dun panel solar que produce 116 W de potencia.[1][2][4][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads