IBEX 35

From Wikipedia, the free encyclopedia

IBEX 35
Remove ads

O índice IBEX 35 é o principal índice bolsista de referencia da bolsa de valores española elaborado por Bolsas y Mercados Españoles (BME). Está formado polas 35 empresas con máis liquidez que cotizan no Sistema de Interconexión Bolsista Electrónico (SIBE) nas catro bolsas españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia). É un índice ponderado por capitalización bolsista; é dicir, ó igual que índices como o S&P 500, non tódalas empresas que o forman teñen o mesmo peso.

Thumb
Bolsa de Madrid.
Remove ads

Historia

Cálculo

A fórmula empregada para o cálculo do valor do índice é:[1]

onde I(t) é o valor do índice no intre t, Cap é a capitalización bolsista do free float das compañías que integran o índice e J é un coeficiente empregado para axustar o índice para que non se vexa afectado por ampliacións de capital.

As empresas con maior capitalización bolsista teñen maior peso dentro do índice e as súas subas e baixas influirán en maior medida no movemento final do IBEX 35. Isto quere dicir que cando Banco Santander, Telefónica, BBVA, Inditex, Iberdrola e Repsol están en baixa, o IBEX 35 ten gran preocupación porque estas inflúen moito sobre o índice xeral. Por iso hai que mirar os 6 primeiros valores dos índices con moita frecuencia e moita atención.

Os criterios empregados polo CAT (Comité asesor Técnico) para a inclusión ou saída do IBEX 35 son principalmente a liquidez dos títulos, número de accións en circulación, valor de capitalización bolsista, etc.

Este comité reúnese cada 6 meses de forma ordinaria, (normalmente xuño e decembro), aínda que poden convocarse reunións extraordinarias cando as circunstancias así o requiran.

Remove ads

Compoñentes

Actuais

Na seguinte táboa, indícanse os 35 valores que compoñen o IBEX 35 a 6 de agosto de 2018 e a súa ponderación no índice a 30 de xuño de 2017:[2][3]

Máis información Ticker, Empresa ...

Históricos

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads