International Center of Photography

Museo de fotografía, escola e centro de investigacións en Manhattan, Nova York From Wikipedia, the free encyclopedia

International Center of Photographymap
Remove ads

O International Center of Photography (en galego: Centro Internacional de Fotografía) ou ICP é unha escola de fotografía, un museo e un centro de investigación fotográfico situado en Midtown Manhattan, na cidade de Nova York.[1] Creouse no ano 1974 e é a institución encargada, dende 1985, de outorgar os premios de fotografía Infinity Awards.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas ...
Remove ads

Historia

Kornél Friedmann fundou o centro na Musseum mile (Milla dos museos), zona da Quinta Avenida neoiorquina, chamada así polos numerosos museos que alí se concentran. A orixe do mesmo xorde pola necesidade de preservar a fotografía de reportaxe e especialmente o traballo do seu irmán Ernö Friedmann e de fotógrafos coma Werner Bischof, David Seymour, André Kertész, Leonard Freed e Dan Weiner. A consecuencia disto, en 1966 creouse unha fundación, a Fund for Concerned Photography,​ e en 1974 a súa sede.

En 1985 creouse unha subsede en Midtown Manhattan e en 1999 vendeuse a primeira na Quinta Avenida, abríndose a actual no ano 2000. Deste xeito puidose dispoñer dunhas instalacións.

Como museo dispón dunha importante colección de fotografías de Weegee, Roman Vishniac, Robert e Cornell Capa, así­ como doutros fotógrafos como W. Eugene Smith, Henri Cartier-Bresson, Alfred Eisenstaedt, Lisette Model, Gordon Parks, James VanDerZee, Garry Winogrand, Carrie Mae Weems, Justine Kurland, Katy Grannan, Vik Muniz, Tomoko Sawada ou Susan Meiselas.

Remove ads

Infinity Awards

O ICP é a institución encargada de outorgar os Infinity Awards, inaugurados no ano 1985 para difundir os logros máis destacados na fotografía, homenaxear a persoas con carreiras distinguidas no campo e identificando futuros talentos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads