Interleucina 7
proteína From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A interleucina 7 (IL-7 ou IL7) é unha proteína citocina con función reguladora[1] que nos humanos está codificado polo xene IL7 do cromosoma 8.[2][3][4]
| PDB 1IL7 | |
Interleucina 7 | |
| Identificadores | |
| Símbolo | IL7 ; IL-7 |
| Entrez | 3574 |
| OMIM | |
| RefSeq | NP_000871 |
| UniProt | P13232 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 8 :(79.59 – 79.72 Mb) |
O factor de crecemento hematopoético IL-7 é segregado polas células do estroma da medula ósea e do timo. Tamén a producen os queratinocitos,[5] células dendríticas,[6] hepatocitos,[7] neuronas, e células epiteliais[8] pero non o producen os linfocitos normais.[9]
Remove ads
Estrutura
A estrutura tridimensional da IL-7 en complexo co ectodominio do IL7R determinouse utilizando difracción de raios X.[10]
Función
Maduración das células T
A IL-7 estimula a diferenciación de células nai hematopoéticas multipotentes (pluripotentes) a células peroxenitoras linfoides (a diferenza da formación de células proxenitoras mieloides cuxa diferenciación é estimulada pola IL-3). Tamén estimula a proliferación de todas as células da liñaxe linfoide de células B, células T e células NK. É importante para a proliferación durante certos estadios da maduración de células B, e a supervivencia, desenvolvemento e homeostase de células T e NK.
A IL-7 é unha citocina importante para o desenvolvemento de células B e T. Esta citocina e o factor de crecemento do hepatocito (HGF) forman un heterodímero que funciona como un factor estimulante do crecemento de células pre-pro-B. Esta citocina é un cofactor para o rearranxo dos segmentos xénicos V(D)J do receptor de células T beta (TCRß) durante o desenvolvemento temperán das células T.[11] Esta citocina pode ser producida localmente polas células caliciformes do epitelio intestinal, e pode servir como factor regulador dos linfocitos da mucosa intestinal. Os estudos de knockout de xenes en ratos suxiren que esta citocina xoga un papel esencial na supervivencia de células linfoides.[12]
Sinalización da IL-7

A IL-7 únese ao receptor da IL-7, un heterodímero que consta do receptor alfa da interleucina 7 e receptor da cadea gamma común.[13] A unión da IL-7 orixina unha fervenza de sinais importante para o desenvolvemento das células T no timo e a supervivencia na circulación periférica. Os ratos knockout que carecen xeneticamente do receptor de IL-7 mostran atrofia tímica, detención do desenvolvemento das células T no estado dobre positivo, e unha grave linfopenia. A administración de IL-7 aos ratos dá lugar a un incremento nas células emigrantes tímicas recentes, incrementa as células B e T, e aumenta a recuperación de células T despois da administración de ciclofosfamida ou despois dun transplante de medula ósea.
Remove ads
Doenzas
Cancro
A IL-7 promove cancros malignos hematolóxicos (leucemia linfoblástica aguda, linfoma de céluals T).[14]
Infeccións víricas
Tamén se detectaron niveis elevados de IL-7 no plasma de pacientes infectados polo VIH.[15]
Aplicacións clínicas
A IL-7 como axente de inmunoterapia foi examinado en estudos preclínicos en moitos animais e máis recentemente en ensaios clínicos en humanos para estudar varios cancros malignos e durante unha infección por VIH.[9][16]
Cancro
A IL-7 recombinante foi administrada con seguridade a pacientes en varios ensaios clínicos en fase I e II. Un estudo humano de IL-7 en pacientes con cancro demostra que a administración desta citocina pode alterar transitoriamente a homeostase das células T CD8+ e CD4+ cun decrecemento proporcional na porcentaxe de células T CD4+CD25+Foxp3+ reguladoras.[17] Non se observou unha regresión obxectiva do cancro, porén neste estudo non se chegou a unha toxicidade limitante de dose (DLT) ao desenvolvemento de anticorpos neutralizantes contra a citocina recombinante.
Infección polo VIH
Asociada coa terapia antirretroviral, a administación de IL-7 diminúe as inflamacións locais e sistémicas en pacientes que tiveron unha reconstitución incompleta das células T. Estes resultados indican que a terapia con IL-7 posiblemente pode mellorar a calidade de vida de ditos pacientes.[18]
Transplantes
A IL-7 podería tamén ser beneficiosa para mellorar a recuperación inmunitaria despois dun transplante de células nai aloxénico.[19]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
