Explorer 28
Satélite artificial científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Explorer 28, tamén coñecido como IMP-C ou IMP-3 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform C ou 3), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 29 de maio de 1965 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7]
Remove ads
Características
Explorer 28 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6]
IMP-C funcionou sen problemas ata finais de abril de 1967 e logo intermitentemente ata o 12 de maio de 1967 en que se perdeu todo contacto. IMP-C foi inxectado nunha órbita inicial de 264.244 km de apoxeo e 195 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,86 graos e un período de 8558,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 4 de xullo de 1968.[1][3][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads