Explorer 50
Satélite artificial científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Explorer 50, tamén coñecido como IMP-J ou IMP-8 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform J ou 8), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 26 de outubro de 1973 mediante un foguete Delta 1604 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7]
Remove ads
Características
Explorer 50 foi o último da serie de satélites IMP. A súa misión foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos interplanetarios. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 157,4 cm e un diámetro de 135,6 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro, a 23 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías, producindo ata 150 vatios de potencia. O satélite transmitía datos a unha velocidade de 1600 bps.[2][5][6]
Explorer 50 foi inxectado nunha órbita inicial de 288.857 km de apoxeo e 141.184 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,7 graos e un período de 17.279,1 minutos. Foi o satélite da serie IMP máis lonxevo, devolvendo datos ata o 7 de outubro de 2006.[1][3][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads