I Could Live in Hope
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
I Could Live in Hope é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Low, publicado o 2 de decembro de 1994 a través do selo Vernon Yard Recordings.
Remove ads
Antecedentes e composición
O disco foi unha reacción á agresividade do rock alternativo de principios dos 90, cando o grunge tiña unha gran popularidade, polo que Low "evitou a composición tradicional en favor dos estados de ánimo e o movemento".[1][2] Influenciada por Brian Eno e Joy Division, a banda, traballando co produtor Mark Kramer, favoreceu as composicións con ritmos lentos, unha instrumentación minimalista e unha economía da linguaxe.[3][4][5]
Remove ads
Recepción
I Could Live in Hope tivo recensións xeralmente positivas no momento do seu lanzamento. Greg Kot, escribindo para o Chicago Tribune, dixo que "o seu drama de pálpebras pesadas arrástrase nunha cámara lenta que o envolve todo" e dixo del que era "o mellor disco feito para aquelas tardes tristes e nada desexables de arrastrarse a un burato dende a estrea de Galaxie 500".[6]
Legado
Presentando un "ritmo sen precedentes no entón florecente underground", I Could Live in Hope axudou a crear o xénero coñecido como slowcore, que incluíu a artistas dende Bedhead ata Codeine ao longo dos 90.[5]
En 1999 Pitchfork situou a I Could Live in Hope no número 49 da súa lista dos mellores álbums dos 90.[7] Ese mesmo ano o crítico Ned Raggett púxoo no número 37 da súa lista dos 136 mellores discos dos noventa para Freaky Trigger.[8] En 2004 o álbum foi incluído na lista dos 50 anos do Rock'n'Roll de Les Inrockuptibles.[9] En 2018 Pitchfork situouno no 22 da súa lista dos 30 melores álbums de dream pop.[10]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Alan Sparhawk, Mimi Parker e John Nichols, agás onde se indique.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads