Idade de Ferro británica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Idade de Ferro británica
Remove ads

A Idade de Ferro británica é o nome convencional usado na arqueoloxía da illa de Gran Bretaña, para referirse ás fases da Prehistoria e Protohistoria da cultura da Idade de Ferro, excluíndo tradicionalmente a Prehistoria de Irlanda que tivo unha cultura da Idade de Ferro de seu.[1]

Thumb
Reconstrución dunha vivenda da Idade de Ferro (Gales).
Thumb
Puñais de ferro.

A Idade de Ferro británica durou teoricamente dende o primeiro uso importante do ferro para facer ferramentas e armas en Gran Bretaña ata a romanización da metade sur da illa. Esta cultura romanizada da chamada Gran Bretaña romana foi a que suplantou á Idade de Ferro británica. A Idade de Ferro irlandesa rematou coa chegada do cristianismo.

As tribos que poboaban a illa pertencían a ampla cultura celta, máis especificamente á chamada cultura celta insular (en contraste coa cultura celta non insular propia dos pobos do continente como os galos e os celtiberos). As linguas britónicas e goidélicas forman parte do subgrupo celta insular que está dentro das linguas célticas. O termo lingüístico "celta" non ten unha implicación de unidade cultural sostible que conecte a Galia coas Illas Británicas ó longo da Idade de Ferro.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads