Iguana mariña
especie de réptil From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A iguana mariña (Amblyrhynchus cristatus) é unha especie de réptil escamoso da familia Iguanidae.[2] É a única especie do seu xénero.
Especie endémica das illas Galápagos, habita as costas rochosas deste arquipélago ecuatoriano, aínda que é posible velas en mangleiros e praias. É o único lagarto moderno que depende do medio ambiente mariño, alimentándose case en exclusiva de algas mariñas.[3] Para alimentarse é quen de nadar no mar, pero esta actividade só é realizada polos machos adultos posto que son de maior tamaño; as femias e as crías aliméntanse cando baixa a marea e as algas quedan ó descuberto. Como resultado da súa alimentación, deben librarse do exceso de sal que inxeren, excretando sal concentrado en forma de cristais dende unha glándula do sal.
Remove ads
Subespecies
Recoñécense as seguintes subespecies:[2]
- Amblyrhynchus cristatus albemarlensis
- Amblyrhynchus cristatus cristatus
- Amblyrhynchus cristatus hassi
- Amblyrhynchus cristatus mertensi
- Amblyrhynchus cristatus nanus
- Amblyrhynchus cristatus sielmanni
- Amblyrhynchus cristatus venustissimus
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads