Illa de San Tomé
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A illa de San Tomé ou São Tomé é a maior illa de San Tomé e Príncipe, posúe 854 km² e nela habitan 133.600 persoas, o que equivale ao 96% da poboación do país. Esta illa e algúns illotes conforman a Provincia de San Tomé, que se divide en seis distritos. A illa atópase a 2 km ao norte da liña ecuatorial. Ten 48 km de longo e 32 km de ancho. A súa altura máxima é o pico de San Tomé (2.024 m) e inclúe a capital do país, San Tomé, na costa norte. A cidade máis próxima no continente africano é a cidade de Port Gentil en Gabón a 240 km ao leste.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Tomé.
Ecoloxicamente, a illa forma parte da ecorrexión denominada selva de terras baixas de San Tomé, Príncipe e Annobón.
O idioma principal da illa é o portugués, pero tamén hai falantes de forro e angolar (Ngola), dous crioulos portugueses.
Remove ads
Distritos
Esta illa está dividida en 6 distritos:
- Água Grande
- Cantagalo
- Caué
- Lembá
- Lobata
- Mé Zóchi [1]
Vilas e localidades
- Água-Coco
- Água-Izé
- Almas
- Bela Vista
- Blublu
- Bombom
- Bom Successo
- Dona Augusta
- Dona Eugénia
- Formiga
- Graça
- Guadalupe
- Henrique
- Madre-Deus
- Montalegre
- Monte Rosa
- Neves
- Nova Olinda
- Pantufo
- Praia Melão
- Ponta Figo
- Porto Alegre
- Ribeira Afonso
- Riboqui Capital
- San Marçal
- Santa Catarina
- Santa Clotilda
- Santa Cruz
- Santana
- São João
- São João dos Angolares
- São José
- Trindade
Galería
- Illa de São Tomé
- Faro de São Sebastião
- Pico Cão Grande, São Tomé
- Fauna en Lobata, São Tomé
- Produción de cafe en São Tomé
- Igrexa da Nosa Señora de Guadalupe, en Guadalupe, São Tomé.
- Lagoa Azul
- Roça en São Tomé
- Cacau a secar, São Tomé
- Camaróns servidso nun hotel, São Tomé
- Guadalupe, São Tomé
- Tartaruga-mariña en São Tomé
- Mercado municipal de São Tomé
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads