Imanol Uribe

director de cinema español From Wikipedia, the free encyclopedia

Imanol Uribe
Remove ads

Imanol Uribe, nado en San Salvador (O Salvador) o 28 de febreiro de 1950, é un director e produtor de cinema vasco.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou os seus estudos na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e obtivo o título de Director na Escola de Cinematografía de Madrid. En 1975 funda a produtora Zeppo Films, en 1979 a produtora Cobra Films e posteriormente Aiete Films S.A.

O tema predominante das súas películas está dedicado á situación social-política do País Vasco. Isto reflíctese en películas como El proceso de Burgos, La fuga de Segovia, La muerte de Mikel ou Días Contados. Tamén tocou outras temas: o racismo en Bwana, o mundo da bruxas en La luna negra ou o histórico en El rey Pasmado. Á parte de director tamén exerceu de produtor como en Secretos del corazón.

Na súa longa carreira, recibiu numerosos premios. Entre outros a Cuncha de Ouro á Mellor Película no Festival de Cine de Donostia por Días Contados, oito premios Goya por Días Contados e outros sete premios Goya por El rey pasmado (baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester, Crónica del rey pasmado), con Gabino Diego etc.

Compartiu a súa vida coa actriz María Barranco e teñen unha filla en común.

Remove ads

Premios

Filmografía

Máis información Ano, Película ...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads