Inspektor

satélite artificial alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Inspektor ou Inspector foi un satélite artificial alemán construído por Daimler-Benz Aerospace e lanzado o 5 de outubro de 1997 a bordo da Progress M36 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Inspektor foi un pequeno prototipo de satélite para inspeccionar e dar servizo á estación espacial Mir e posteriormente a outras estacións espaciais. Inspektor voou a bordo da nave loxística Progress M36 e soltado por esta tras ter cumprido a súa misión e desacoplarse da estación. A súa misión principal consistía en voar arredor da Mir (ata a 100 metros de distancia) e fotografala, pero debido a problemas de control e orientación do satélite foi afastado da mesma. Reentrou na atmosfera o 1 de novembro de 1998.[1][2][5][6][7][8]

Inspektor tiña forma de prisma hexagonal usaba dous propulsores de 40 mN de impulso para moverse e tres xiroscopios para controlar a súa actitude. Levaba unha cámara estelar e unha cámara de vídeo, ademais de tres xiroscopios ópticos, para determinar a súa actitude e posición. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares na súa superficie que alimentaban varias baterías.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads