Institute of Electrical and Electronics Engineers

From Wikipedia, the free encyclopedia

Institute of Electrical and Electronics Engineers
Remove ads

The Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación.

Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Remove ads

Historia e características

A súa creación remóntase ao ano 1884, contando entre os seus fundadores a personalidades do talle de Thomas Alva Edison, Alexander Graham Bell e Franklin Leonard Pope. En 1963 adoptou o nome de IEEE ao fusionarse asociacións como o American Institute of Electrical Engineers e o Institute of Radio Engineers.

A través dos seus membros, máis de 360.000 membros (dos cales son estudantes case 80.000) en 175 países, o IEEE é unha autoridade líder e de máximo prestixio nas áreas técnicas derivadas da eléctrica orixinal: desde enxeñería computacional, tecnoloxías biomédica e aeroespacial, ata as áreas de enerxía eléctrica, control, telecomunicacións e electrónica de consumo, entre outras.

Segundo o mesmo IEEE, o seu traballo é promover a creatividade, o desenvolvemento e a integración, compartir e aplicar os avances nas tecnoloxías da información, electrónica e ciencias en xeral para beneficio da humanidade e dos mesmos profesionais. Algúns dos seus estándares son:

  • VHDL
  • POSIX
  • IEEE 1394 (FireWire)
  • IEEE 488 Hewlett-Packard Instrument Bus (HP-IB)
  • IEEE 802 (LAN/MAN)
  • IEEE 802.11 (Wifi)
  • IEEE 754 Aritmética en coma flotante
  • IEEE 830 SRS

Mediante as súas actividades de publicación técnica, conferencias e estándares baseados en consenso, o IEEE produce máis do 30% da literatura publicada no mundo sobre enxeñería eléctrica, en computación, telecomunicacións e tecnoloxía de control, organiza máis de 350 grandes conferencias ao ano en todo o mundo, e posúe preto de 900 estándares activos, con outros 700 máis baixo desenvolvemento.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads