Interferón de tipo I

conxunto de proteínas humanas From Wikipedia, the free encyclopedia

Interferón de tipo I
Remove ads

Os interferóns de tipo I humanos son un amplo conxunto de proteínas humanas do grupo dos interferóns (IFN).

Thumb
Estrutura tridimensional do interferón beta humano.

Os interferóns funcionan como citocinas reguladoras que se unen a receptores de interferóns da superficie celular. Todos os IFNs de tipo I únense a un mesmo complexo receptor específico da membrana celular chamado receptor do IFN-α (IFNAR) que consta das cadeas proteicas IFNAR1 e IFNAR2.

Os IFNs de tipo I encóntranse en todos os mamíferos e hai moléculas similares (homólogas) en especies de aves, réptiles, anfibios e peixes.[1][2]

Remove ads

Tipos en mamíferos

Os tipos que se encontran en mamíferos denomínanse IFN-α (alfa), IFN-β (beta), IFN-κ (kappa), IFN-δ (delta), IFN-ε (épsilon), IFN-τ (tau), IFN-ω (omega), e IFN-ζ (dseta, tamén chamado limitina).[3][4]

IFN-α

Os IFN-α prodúcenos os leucocitos. Están implicados principalmente na resposta inmunitaria innata contra a infección viral. Hai 13 subtipos deste interferón chamados IFNA1, IFNA2, IFNA4, IFNA5, IFNA6, IFNA7, IFNA8, IFNA10, IFNA13, IFNA14, IFNA16, IFNA17 e IFNA21. Os xenes que codifican estas moléculas de IFN-α están xuntos formando un cluster no cromosoma 9 humano.

O IFN-α tamén se pode fabricar sinteticamente para usalo como medicamento. A Denominación común internacional (DCI ou INN) deste produto é interferon alfa. O tipo recombinante é o interferon alfacon-1. Os tipos PEGilados son o interferon alfa-2a pegilado e o interferon alfa-2b pegilado.

IFN-β

Os IFN-β prodúcenos en grandes cantidades os fibroblastos. Teñen actividade antiviral, a cal está implicada principalmente na resposta inmunitaria innata. Describíronse dous tipos de IFN-β, chamados IFN-β1 (IFNB1) e IFN-β3 (IFNB3)[5] (hai un xene designado IFN-β2 que en realidade corresponde á IL-6). O IFN-β1 utilízase no tratamento da esclerose múltiple xa que reduce a taxa de recaída.

O IFN-β1 non é un tratamento apropiado para pacientes con esclerose múltiple progresiva, e non recorrente.[6]

IFN-ε, –κ, -τ, -δ, e –ζ

O IFN-ε, –κ, -τ, e –ζ parece actualmente que se presentan nunha soa isoforma en humanos, IFNK. O IFN-τ só o codifican os ruminantes, e é unha variante do IFN-ω. Ata agora, o IFN-ζ só se atopou en ratos, mentres que un homólogo estrutural, o IFN-δ pode atoparse nun conxunto de especies de mamíferos placentarios non primates e non roedores. A maioría, pero non todos os mamíferos placentarios codifican un IFN-ε funcional e teñen xenes IFN-κ.

IFN-ω

O IFN-ω, aínda que del se describiu ata agora só unha soa forma funcional (IFNW1), ten varios pseudoxenes: IFNWP2, IFNWP4, IFNWP5, IFNWP9, IFNWP15, IFNWP18, e IFNWP19 en humanos. Moitos mamíferos placentarios non primates expresan moitos subtipos de IFN-ω.

IFN-ν

Este subtipo de IFN de tipo I describiuse recentemente como pseudoxene humano, pero é potencialmente funcional no xenoma do gato doméstico. En todos os demais xenomas de mamíferos placentarios non felinos, o IFN-ν é un pseudoxene; nalgunhas especies, o pseudoxene está ben preservado, mentres que noutras, está moi mutilado ou é indetectable. Ademais, no xenoma do gato, o promotor do IFN-ν está mutado deletereamente. É probable que a familia de xenes do IFN-ν se convertese en inútil antes da diversificación dos mamíferos. A súa presenza no bordo do locus do IFN de tipo I en mamíferos pode telo protexido da súa completa erradicación, permitindo a súa detección.

Remove ads

Fontes e funcións

O IFN-α e o IFN-β segréganos moitos tipos celulares, entre os que están linfocitos (células NK, células B e T), macrófagos, fibroblastos, células endoteliais, osteoblastos e outras. Estimulan a macrófagos e células NK a realizar unha resposta antiviral, e son tamén activos contra tumores. Identificátonse tamén as células dendríticas plasmocitoides como os produtores máis potentes de IFNs de tipo I en resposta a antíxenos, polo que tamén se consideran células que producen de forma natural IFNs. ALgúns estudos actuais suxiren que forzando a expresión de IFN-α en macrófagos infiltrados en tumores, é posible causar unha activación máis efectiva de células dendríticas e a citotoxicidade de células efectoras inmunitarias.[7]

O IFN-ω libérano os leucocitos no sitio dunha infección viral ou de tumores.

O IFN-α actúa como un factor piroxénico ao alterar a actividade de neuronas termosensibles no hipotálamo, o que causa a febre. Isto fano ao unirse ao receptor opioide e causar a liberación de prostaglandina-E2 (PGE2).

O IFN-α utiliza un mecanismo similar para reducir a dor; o IFN-α interacciona co receptor μ-opioide actuando como analxésico.[8]

Nos ratos, o IFN-β inhibe nas células inmunitarias a produción de factores de crecemento, ralentizando así o crecemento de tumores, e inhibe a produción noutras células de factores de crecemento produtores de vasos sanguíneos, o que bloquea a anxioxénese nos tumores e dificulta que o tumor se conecte ao sistema de vasos sanguíneos.[9]

Remove ads

Tipos en non mamíferos

Nas aves foron caracterizados IFNs de tipo I, que foron asignados preliminarmente a subtipos (IFN I, IFN II e IFN III), pero a súa clasificación definitiva en subtipos deberá agardar a que se estuden máis extensamente os xenomas de aves.

Atopáronse IFNs de tipo I funcionais en lagartos, que poden atoparse en bases de datos de xenomas de lagartos.

Purificáronse os IFNs de tipo I de tartarugas (na década de 1970), que lembran aos seus homólogos de mamíferos.

Inferiuse a existencia de IFNs tipo I de anfibios ao descubrírense os xenes que codifican as súas cadeas receptoras, pero non foron aínda purificados nin os seus xenes clonados.

Clonáronse IFNs de tipo I de peixes (óseos) en varias especies de teleósteos. Con poucas excepcións, e en claro contraste cos IFNs de aves e especialmente de mamíferos, preséntanse como xenes únicos (aínda que se atoparon xenes múltiples en xenomas de peixes poliploides, posiblemente orixinados por duplicación de xenomas completos). A diferenza dos xenes de IFNs de amniotas, os xenes de IFN de tipo I de peixes conteñen intróns, en posicións similares ás dos seus ortólogos de certas interleucinas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads