JL Bourg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Jeunesse laïque de Bourg-en-Bresse, máis coñecido como JL Bourg, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Bourg-en-Bresse (Auvernia-Ródano-Alpes). Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. Fundando en 1910, o JL xoga os seus partidos como local no Ekinox, un pavillón inaugurado en xaneiro de 2014 con capacidade para 3.548 espectadores.
Remove ads
Historia
O club Jeunesse laïque de Bourg-en-Bresse foi fundado en 1910 por Henri Mamet, quen foi o seu primeiro presidente.[1] Inicialmente club deportivo, a sección de baloncesto non foi creada até en 1947. O primeiro título do club chega en menos dunha década, coa consecuación do campionato do departamento de Ain. Cinco anos máis tarde, en 1961, é a quenda do primeiro título nacional, após vencer ao Nantes na final do UFOLEP (Union française des œuvres laïques d'éducation physique, do francés: Unión francesa de asociacións laicas de educación física). O club chega ao baloncesto profesional en 1996 ao ascender á Segunda División (en 1991 xogaba na quinta división). DEsde o ano 2000 até 2007 o JL xogou na Primeira División, regresando a ela en 2014. Ese mesmo ano, en febreiro, inaugúrase o seu novo pavillón, o Ekinox. Na temporada 2015−16 o equipo descende de novo, mais regresa á máxima categoría en tan só dous anos despois de finalizar primeiros na temporada 2016−17 da Pro B.
Ano a ano
Remove ads
Pavillóns
Os seguintes son os pavillóns que ten utilizado o JL Bourg como local:
- Salle Amédée-Mercier (até xaneiro de 2014, 2.286 espectadores)
- Ekinox (desde xaneiro de 2014, 3.548 espectadores)
Títulos
- Campións (1): 2017
Leaders Cup
- Subcampións (1): 2006
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads