Jason Terry
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jason Eugene Terry, nado o 15 de setembro de 1977 en Seattle, Washington, é un xogador profesional de baloncesto. Mide 1'91 metros e pode xogar nas posicións de escolta e base.
Remove ads
Traxectoria profesional
Foi á universidade de Arizona. O en Draft da NBA de 1999 foi elixido na décima posición da primeira rolda polos Atlanta Hawks, onde xogou até a tempada 2003-04. Foi elixido no segundo mellor quinteto de rookies na súa tempada de debut entre os profesionais, tras facer 8,1 puntos e 4,3 rebotes. Foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde xogou ata o ano 2012.
Nos Mavericks levou o número 31, xogaba de escolta aínda que, até a chegada de Jason Kidd ao equipo, el era o base titular e lle substituía cando Kidd descansaba. Na tempada 2008-09 fixo unhas medias de 19,6 puntos (a segunda máis alta da súa carreira), 3,4 asistencias e 1,3 roubos por partido.
O 18 de xullo de 2012, Terry asinou un contrato de tres anos cos Boston Celtics, cun valor de 15 millóns de dólares.[1]
O 12 de xullo de 2013, os Celtics trasparon a Terry, D. J. White, Paul Pierce e Kevin Garnett ós Brooklyn Nets a cambio de eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2014, 2016 e 2018, Kris Humphries, Gerald Wallace, Kris Joseph, MarShon Brooks e Keith Bogans.[2]
O 19 de febreiro de 2014, Terry foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Reggie Evans, a cambio de Marcus Thornton.[3] Debido a unha lesión nun xeonllo, non disputou ningún partido cos Kings.
O 17 de setembro de 2014, Terry foi traspasado ós Houston Rockets xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Alonzo Gee e Scotty Hopson.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads