Jaume Serra
artista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jaume Serra (século XIV) foi un pintor catalán de estilo italo-gótico.
Biografía
Serra procedía dunha familia de pintores activos en Cataluña no século XIV, e tamén o foran os seus irmáns Pere, Francesc e Joan. Os irmáns Serra cultivaron o denominado estilo italo-gótico, de influencia sobre todo sienesa, como era típico na Cataluña do século XIV. Realizan figuras pequenas, estilizadas, de ollos achinados e boca pequena. Jaume difundiu un modelo de Virxe da Humildade, lactante, cun doante a un lado, de uso funerario.
Jaume Serra coŀaborou cos seus irmáns na realización do retablo do mosteiro de Sigena (Huesca), hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.
Remove ads
Obras
A Jaume atribúenselle:
- O Retablo da Virxe, convento do Sepulcro, Zaragoza, conservado no Museo de Zaragoza.
- O Retablo de frei Martín de Alpartir, hoxe tamén no Museo de Zaragoza.
- A Virxe de Tobed (colección particular en Zaragoza). Aparece como doante o rei Henrique II de Castela, xunto coa raíña Xoana Manuel de Castela e mais súa filla Eleonor de Castela, nacida no ano 1362.
Véxase tamén
Bibliografía
- Azcárate Ristori, J. M.ª de, ”Pintura gótica del siglo XV”, en Historia del arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9
- Luis Monreal Tejada, Grandes Museos, vol. 1 e 3, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X
Ligazóns externas
- "A evolución italianizante" no Museo Nacional de Arte de Cataluña, co retablo de Sigena.
- Virxe de Tobed.
- Virxe do Leite.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads