Jean-Baptiste Audebert

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jean-Baptiste Audebert
Remove ads

Jean Baptiste Audebert, nado en 1759 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado en 1800 en París, foi un ilustrador e naturalista francés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Le Mococo (Lemur catta) debuxado por J.-B. Audebert.
Remove ads

Traxectoria

Estudou pintura e debuxo en París, e pronto adquiriu unha gran reputación como pintor de miniaturas. Foi contratado para preparar os gravados da Historie des cloportes de Antoine Guillaume Olivier (1756-1814) o que lle fixo adquirir unha grande inclinación pola historia natural.

En 1800 publicou o seu primeiro traballo orixinal, a Histoire naturelle des singes, des makis, etc., ilustrado con sesenta e dúas láminas, debuxadas e gravadas por el mesmo. O colorido das súas láminas é dunha beleza infrecuente.

Á súa morte, Audebert deixou outro traballo incompleto, unha Histoire des colibris, oiseaux-mouches, jacamars et promerops, que apareceu postumamente en 1802. Douscentos exemplares foron impresos en in-folio, un cento nun gran formato in-quarto e cincuenta co texto en letras douradas. Outro traballo, que deixou tamén inacabado, apareceu despois da súa morte, L'Histoire des grimpereaux et des oiseaux de paradis. Estas dúas obras apareceron agrupadas nun só volume baixo o título Oiseaux dorés, ou à reflets métalliques (1802).

Remove ads

Abreviatura

A abreviatura Audebert emprégase para recoñecer a Jean-Baptiste Audebert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads