Jean-Marie Lustiger
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jean-Marie Lustiger, nado en París (Francia) o 17 de setembro de 1926 e finado o 5 de agosto de 2007, foi un eclesiástico católico latino francés, cardeal e arcebispo metropolitano de París entre 1981 e 2005.
Remove ads
Traxectoria
Naceu como Aaron Lustiger nunha familia xudía asquenací. En marzo de 1940 converteuse ó catolicismo, e foi bautizado o 21 de agosto. Estudou Literatura na Universidade de París, onde graudouse en 1946, e entrou no seminario dos carmelitas de París.
O 17 de abril de 1954 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de París por Emile-Arsène Blanchet.
O 10 de novembro de 1979 foi nomeado bispo de Orleáns. Recibiu a consagración episcopal o 8 de decembro, de mans do arcebispo de París Gabriel Auguste François Marty, e tivo como co-consagradores principais a Eugène-Marie Ernoult e a Daniel-Joseph-Louis-Marie Pézeril.
O 31 de xaneiro de 1981 foi nomeado arcebispo metropolitano de París, e o seguinte 12 de marzo ordinario de Francia para os fieis de rito oriental.
O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi Marcellino e Pietro. O 26 de novembro de 1994 recibiu o título de Cardeal-Presbítero de San Luigi dei Francesi.
Retirouse como arcebispo de París o 11 de febreiro de 2005, e como ordinario de Francia o 14 de marzo. Finou o 5 de agosto de 2007.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads