Jet set

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Jet set é un termo xornalístico empregado para referirse a un grupo social de persoas ricas que participan en actividades sociais polo xeral inacadables economicamente polo común dos individuos. O termo é un anglicismo derivado do estido de vida deste grupo social exclusivo, que acostuma a viaxar en avións, coñecidos en inglés co nome jet aircrafts. Atribúeselle a creación deste termo ó xornalista Igor Cassini, que traballaba no New York Journal-American.

Nos anos 50 os traslados en avión estaban practicamente reservados a persoas ricas. Posteriormente abaratáronse, facendo que fosen accesibles a un maior número de persoas. De tódolos xeitos o termo jet set séguese empregando para identificar a aqueles individuos con patrimonio abondo e tempo como para viaxar regularmente por pracer. Tamén serve para referirse á xente que se traslada en avión privado.

Os membros orixinais desta elite social foron persoas famosas que se deixaban ver e fotografar en lugares públicos, como restaurantes e salas de festa. Federico Fellini fixo un retrato do estilo de vida deste grupo na súa obra La dolce vita, de 1960.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads