Joe Dassin

From Wikipedia, the free encyclopedia

Joe Dassin
Remove ads

Joseph Ira Dassin, máis coñecido como Joe Dassin, nado en Nova York o 5 de novembro de 1938 e finado en Papeete (Tahití) o 20 de agosto de 1980, foi un músico estadounidense e francés particularmente coñecido nos países francófonos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Dassin foi fillo de Jules Dassin, actor e director norteamericano xudeu, autor de obras do chamado "cine negro", e de Beatrice Launer, virtuosa violinista de orixe húngara. Pasou a súa infancia en Nova York e Os Ánxeles, (California) e, sendo aínda neno, acompañóu aos séus pais ao exilio en Europa vítimas da política anticomunista do senador Joseph McCarthy.

Despois de estudar no Instituto Le Rosey en Suíza e o bachalerato en Grenoble, Dassin regresou aos Estados Unidos para estudar etnoloxía na Universidade de Míchigan (Ann Arbor, Míchigan). Acabaría regresando novamente a Francia, onde traballou como técnico para o seu pai, aparecendo incluso nalgunas das súas películas. Por intercesión de Catherine Régnier, amiga da súa primeira muller Maryse Massiera, conseguiu que a compañía discográfica americana CBS empezase a gravar as súas cancións.

Na década de 1960 acadou os seus primeiros éxitos grazas a temas como "Les Dalton", "Guantanamera", "Siffler sur la colline" ou "Les Champs-Élysées". Na década de 1970 as cancións de Dassin alcanzaron a cúspide das listas de éxito en Francia e levárono definitivamente á fama. É a época de "L'Amérique", "Le Moustique", "Si tu t'appelles mélancolie", "Le café des trois colombes" e especialmente "L'été indien".

Probablemente como un recoñecemento aos seus pais de ideoloxía de esquerda, as gravacións de Dassin foron permitidas na Unión Soviética. Foi tamén un talentoso políglota, gravando cancións en alemán, castelán, italiano e grego, ademais por suposto en francés e en inglés.

Ao longo dos anos tamén actuou como compositor, escribindo cancións para outros cantantes da época, como Carlos, Mélina Mercouri (esposa do seu pai), France Gall ou Marie Laforêt.

Trala morte do seu primeiro fillo (Joshua), separouse de Maryse e casou con Christine Delvaux, con quen tivo dous fillos: Jonathan e Julien.

Morreu aos 41 anos dun ataque cardíaco, durante as súas vacacións en Tahití, o 20 de agosto de 1980. Foi sepultado no Hollywood Forever Cemetery en Hollywood, California.

De entre os compositores xa falecidos, Joe Dassin é o que xera máis ingresos por dereitos de autor en Francia.[Cómpre referencia]

Remove ads

Discografía

  • À New York (1966)
  • Les Deux Mondes de Joe Dassin (1967)
  • Le Chemin de papa (1969)
  • L'Amérique (1970)
  • Elle était oh!... (1971)
  • Joe (1972)
  • 13 nouvelles chansons (1973)
  • À l'Olympia (live) (1974)
  • Le Costume blanc (1975)
  • Le Jardin du Luxembourg (1976)
  • Les Femmes de ma vie (1978)
  • 15 ans déjà (1979)
  • Blue Country (1979)
  • Little Italy (1982)
  • Éternel (2005; póstumo con algunhas cancións inéditas)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Puisque tu veux tout savoir ! - Claude Lemesle - Éditions Albin Michel (2005) (en francés)

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads