John Arbuthnot

From Wikipedia, the free encyclopedia

John Arbuthnot
Remove ads

John Arbuthnot, nado en Kincardineshire e bautizado o 29 de abril de 1667 e finado o 27 de febreiro de 1735, foi un médico e escritor escocés do Clan Arbuthnott.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Cartel de recrutamento na primeira guerra mundial con John Bull, personaxe creado por John Arbuthnot.
Remove ads

Traxectoria

Foi fillo dun pastor episcopaliano. En 1685 graduouse en artes, e en 1691, despois da morte do seu pai, marchou a Londres. Estudou na Universidade de Oxford e licenciouse como médico na Universidade de St. Andrews, en Escocia. Por volta de 1700 publica Essay on the usefulness of mathematical learning.

En 1705 foi nomeado médico da raíña Ana. Arbuthnot foi un dos membros fundadores do Club Scriblerus xunto con Jonathan Swift e Alexander Pope. Coñécese sobre todo polo seu personaxe de John Bull (1712), consagrado despois como a representación do inglés típico.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads