José Giráldez

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Giráldez Maneiro, coñecido como Seso Giráldez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 24 de setembro de 1936 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 2016, foi un político galego e fundador do PSOE en Vilagarcía.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo dun mestre republicano que foi represaliado sen poder gañar unha praza definitiva, pasou a súa infancia seguindo á familia por Vilaxoán, Baión, Carballeda de Avia e Crecente ata que o pai conseguiu unha permuta co mestre do Carril. Traballou de oficial de xulgado en Vila de Cruces, Rianxo, Cambados, Bata (Guinea Española) e Villa Cisneros (hoxe Dakhla). Foi un dos fundadores do PSOE en Vilagarcía en 1976 e o primeiro secretario xeral. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía nas municipais de 1983. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 1985 polo PSdeG. Volveu ser elixido parlamentario autonómico nas autonómicas de 1989 e 1993. Finou en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 2016.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads