José Manuel Barros

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Manuel Barros González, nado en Mosende (O Porriño) o 18 de novembro de 1941 e finado no mesmo lugar o 2 de xaneiro de 2016[1], foi un político galego do PPdeG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Profesionalmente foi camioneiro, dependente nun establecemento comercial, axente bancario e axente de seguros, antes de dedicarse á política[2].

Nas primeiras eleccións municipais da democracia, Barros figurou nas listas de Coalición Democrática no Porriño, e logo da vitoria por maoría absoluta desta candidatura ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde. En febreiro de 1981 foi nomeado alcalde para substituír ao falecido Gonzalo Ordóñez Pérez. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Mantivo a alcaldía con maioría absoluta á fronte de AP (logo Partido Popular) nas sucesivas eleccións (1987, 1991, 1995 e 1999). Nas municipais de 2003, se ben obtivo a vitoria, perdeu a maioría absoluta e foi desaloxado da alcaldía tras apoiar unha escisión no Partido Popular encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime ó candidato do BNG Raúl Francés.

Foi deputado na Deputación de Pontevedra dende 1981 ata 1999, onde foi vicepresidente (1989-1999). Tamén foi vicepresidente da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ata a súa fusión coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Tamén tivo cargos na Sociedade Galega de Garantía Reciproca e na Federación Galega de Municipios e Provincias. En 2007 abandonou a política activa.

O seu grande volume valeulle o título de alcalde máis gordo do mundo en 1999, certificado polo Libro Guiness con 153 kg, se ben despois ese peso foi aumentado[2].

Predecesor:
Gonzalo Ordóñez Pérez
 
Alcalde do Porriño
 
1981 - 2003
Sucesor:
Raúl Francés
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads