José María Merino
escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José María Merino Sánchez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1941 é un escritor en lingua castelá. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Narrativa de España pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.
En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club.[1]
Remove ads
Traxectoria
Aínda que naceu en Galicia, pouco despois a familia marchou á cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito na Universidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado, ingresou como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura[2] (1987-1989).
En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo coñecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.
Dende 2008, é membro da RAE, tamén é membro correspondente da Academia Panameña da Lingua e da Academia Norteamericana da Lingua Española.[2]
Remove ads
Obra
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Sitio de Tarifa (1972).
- Cumpleaños lejos de casa (1973).
- Novela de Andrés Choz (1976).
- El caldero de oro (1981).
- Cuentos del reino secreto (1982).
- La orilla oscura (1985).
- El viajero perdido (1990).
- Los trenes del verano -No soy un libro- (1992).
- Las visiones de Lucrecia (1996).
- Intramuros (1998).
- Los invisibles (2000).
- El heredero (2003).
- El lugar sin culpa (2006).
- La sima (2009).
- El río del Edén (2012).
Remove ads
Recoñecementos
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España, pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads