José Pascual López Cortón

comerciante, escritor e mecenas galego From Wikipedia, the free encyclopedia

José Pascual López Cortón
Remove ads

José Pascual López Cortón, nado en Cedeira en 1817 e finado na Coruña o 15 de xaneiro de 1878, foi un comerciante, escritor e mecenas galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[2]

Era neto de Manuel Cortón y Neira, militar que participara na guerra de independencia contra os franceses. Ao finarlle o pai, José Luis López, con doce anos de idade marchou a Porto Rico, onde viviu na casa dun tío e fixo fortuna, probablemente coa compra-venda de escravos negros.[3] De volta, casou coa compostelá Julia Viqueira e reedificou un pazo en San Fiz de Vixoi, Bergondo.

A pedimento de Benito Vicetto, organizou os primeiros xogos florais de Galicia, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de la Caridad, que recolleu os traballos deses xogos así como outros doutros autores galegos do momento e seis composicións do propio López Cortón.[4] Os beneficios da venda dos exemplares desta publicación destináronse ao hospicio provincial, por mediación da súa presidenta, Juana de Vega.[5]

López Cortón foi un dos primeiros promotores da Institución Libre de Enseñanza en Galicia.[6]

Tivo tes fillos: Carmen[7] (que casaría en 1893 con Manuel Bartolomé Cossío), Luisa (que sería nai de Xoán Vicente Viqueira) e José (enxeñeiro).[3]

Thumb
A la señorita doña María de Jesús Natividad Blume y Othon (pdf).
Remove ads

Obra

Remove ads

Recoñecementos

A Real Academia Galega fíxolle unha homenaxe no camposanto de Santo Amaro no centenario do pasamento[5] e, dende 2009, unha rúa da Coruña leva o seu nome.[12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads