Joshua Fishman
lingüista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Joshua Fishman (Shikl Fishman)[1], nado en 1926 en Filadelfia e finado o 1 de marzo de 2015, foi un sociolingüista norteamericano, especialista en yiddish e creador do concepto de diglosia.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Remove ads
Traxectoria
Estudou na Universidade de Pensylvania e na de Columbia. En 1960 obtén o posto de profesor de psicoloxía na Universidade Yeshiva de Nova York. Fundou o International Journal of the Sociology of Language.
Especializado no bilingüismo e nos procesos de substitución lingüística, a súa obra Language Loyalty in the United States (1966) serviu de base para a aprobación da Lei de educación bilingüe dos Estados Unidos (1968).
Coas súas obras Readings in the Sociology of Language (1968) e Advances in the Sociology of Language (1971-1972) foi un dos creadores da socioloxía da linguaxe. Fisham modificou a definición de diglosia dada por Charles Ferguson, para lle dar un matiz de funcionalidade comunicativa diferente para cada variedade lingüística que fala a comunidade.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads