Jozef Adamec
futbolista eslovaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jozef Adamec, nado en Vrbové o 26 de febreiro de 1942, é un antigo futbolista e adestrador eslovaco.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a súa carreira, xa como dianteiro, nos equipos xuvenís do Iskra Vrbové, e profesionalizouse en 1959 nas ringleiras do Spartak Trnava, o club que por máis tempo defendeu. Durante o servizo militar (daquela aínda co estado de Checoslovaquia), entre 1961 e 1963, xogou no Dukla Praga, o equipo do exército. Pasou aínda polo Slovan Bratislava e, xa no fin da súa carreira, no Slovan Viena, de Austria. Coa Selección de fútbol de Checoslovaquia xogou 44 partidos entre 1960 e 1973 marcando 14 goles.
Como adestrador estivo ao cargo de dous dos seus antigos clubs, o Spartak Trnava e o Slovan Bratislava. Adestrou tamén a Selección de fútbol de Eslovaquia entre 1999 e 2001.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
