Xudite de Baviera

From Wikipedia, the free encyclopedia

Xudite de Baviera
Remove ads

Xudite de Baviera, nada sobre o 805, morta o 19 de abril do 843, foi emperatriz carolinxia, esposa de Lois o Piadoso. Era filla do nobre Welf I señor de Altdorf e Ravensburg en Baviera[1].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

O febreiro do 819, un ano despois da morte de Ermengarda de Hesbaye, casou con Lois o Piadoso en Aquisgrán. Foi a nai de:

Exerceu grande influencia no emperador, que a partir do 822 empezouse a distanciar dalgúns dos seus conselleiros. Ao nacemento do fillo Carlos, o repartimento do imperio tal como estaba establecido entre os tres fillos varóns de Ermengarda de Hesbaye (Lotario, Pipino e Lois) quedou en cuestión, e Xudite vai facer presión para que o seu fillo estivese incluído. O 829 Lois establecía un novo repartimento, provocando a rebelión de Lotario.

A situación empeorou o 833 e Lois foi deposto polos seus fillos, collendo o poder Lotario e procedeuse a un novo repartimento. Xudite foi desterrada a un convento a Tortona en Italia[2]

En abril do 834 Xudite puido volver, logo da derrota e fuxida de Lotario e Lois foi restablecido no poder.[3] Desde a morte do seu marido en 840, seguiu nas loitas ao seu fillo Carlos.

Morreu o 19 de abril do 843, tres anos despois do seu marido.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads