K. Barry Sharpless
químico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Karl Barry Sharpless, nado o 28 de abril de 1941 en Filadelfia, Pensilvania (USA), é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2001 e do ano 2022.
Remove ads
Traxectoria
Estudou química no Friends' Central School, onde se licenciou en 1959. Posteriormente realizou o doutoramento en 1968 na Universidade Stanford, continuando os seus traballos postdoctorales nesta universidade. Foi profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachussets, e desde 1990 é profesor de química no Scripps Research Institute de La Jolla en California.
Investigacións científicas
En 2001 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química por conseguir obter moléculas quirales ópticamente puras mediante a reacción de oxidación con catalizadores enantioselectivos. O premio foi compartido con outros dous investigadores William S. Knowles e Ryoji Noyori por idéntico logro mediante hidroxenación.
En 2022 outorgáronlle de novo cun terzo do Premio Nobel de Química polos seus traballos no desenvolvemento da química clic.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2001 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2001 (en inglés)
- Perfil de Karl Barry Sharpless en NNDB (en inglés)
Predecesor: Alan J. Heeger, Alan MacDiarmid e Hideki Shirakawa |
Premio Nobel de Química![]() 2001 con Ryoji Noyori e William Standish Knowles |
Sucesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads